Posts


Fondos de axudas para #emprender en #Europa

🚀🇪🇺 ¿Es novo e tes en mente crear a túa propia empresa? Xa deches o paso pero non sabes por onde empezar a recadar dinero?
💰 Coñece os fondos de axudas para #emprender en #Europa

– Fondos Cosme

– Programa COSME

– Programa InnovFin

– Europa Creativa

ℹ https://cutt.ly/hhYxZdk

#EUAccessCity Award 2021

A cidade sueca Jönköping 🇸🇪 convértese na gañadora do #EUAccessCity Award 2021 👏👏 Noraboa!
A cidade fixo melloras continuas tanto en áreas novas como antigas da cidade, en colaboración con organizacións de persoas con discapacidade.
Visitáchela?

#CicloEuropaFutura

A vicepresidenta executiva para a Era Digital 🇪🇺 Margrethe Vestager estará hoxe xunto a Nadia Calviño no evento de El País analizando o futuro dixital de Europa tras a crise provocada pola #covid19.
🎦📶 A partir das 17.00 h.

#CicloEuropaFutura

O Centro Europe Direct organiza unha xornada o vindeiro luns sobre a xestión do éxito e o fracaso no ámbito profesional e empresarial

O evento busca achegar as claves que axuden á transformación dos erros en algo positivo coa axuda de profesionais e con diferentes experiencias e vivencias.

Contará coa participación de David Huerga, xogador profesional de póker; o Mago Rafa, ilusionista lucense con máis de 15 de anos de experiencia; e Natalia García, psicóloga experta en intervención familiar.

Poderase seguir en directo, a partir das 10:30 horas, a través da páxina de Facebook do centro: https://www.facebook.com/europedirect.lugo

(máis…)

Os centros Europe Direct Lugo e Minho organizan este venres 20 o evento online “Multilateralismo e eurorrexións: cal é o futuro”

O obxectivo é abordar os beneficios da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como achegarse á Comisión Europea e ás autoridades locais con vistas ao futuro

Participarán Ricardo Ferreira, coordinador “Border Focal Point” da Comisión Europea; Ricardo Rio, alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico; tamén Lara Méndez, alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico

O Centro de Información Europe Direct do Minho (CIED Minho) / Instituto Politécnico de Cávado e Ave (IPCA), promove en colaboración con Europe Direct Lugo, a radio Antena Minho e o xornal Correio do Minho, un debate en liña o 20 de novembro, ás 16:30 horas, sobre o tema do multilateralismo e o futuro das eurorrexións.

“Multilateralismo e eurorrexións: que futuro?” é o lema do evento “Diálogos cos cidadáns” que pretende dar aos cidadáns a oportunidade de relacionarse coas autoridades locais e europeas. O obxectivo da actividade é comprender cal debe ser o papel das eurorrexións no futuro de Europa e como as rexións transfronteirizas se beneficiaron da creación de sinerxías para mellorar o desenvolvemento económico local – o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Para analizar o tema, contamos cun ilustre panel de relatores: Ricardo Ferreira (coordinador “Border Focal Point” da Comisión Europea), Ricardo Rio (alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico) e tamén Lara Méndez (alcadesa de Lugo e vicepresidente do Eixo Atlántico).

A sesión transmitirase a través das páxinas da rede social CIED Minho e Antena Minho “Facebook”. Os cidadáns poden participar no debate compartindo ideas/suxestións e preguntas sobre o tema, informadas a través do chat, para que poidan ser respondidas polos relatores. Deste xeito, os CIED Minho/Lugo invitan a toda a comunidade a seguir e participar activamente no debate.

Onde ver o programa?

CIED Minho: https://www.facebook.com/cied.minho

Antena Minho: https://www.facebook.com/antenaminho

EDIC Lugo: https://www.facebook.com/europedirect.lugo

Consulta pública sobre o futuro FSE+ en España

O futuro do Fondo Social Europeo+ (FSE+) estase debatendo agora mesmo a nivel nacional: o principal instrumento europeo que apoia á creación de emprego, axuda ás persoas a conseguir mellores postos de traballo e garantiza oportunidades laborais máis xustas para todos.

A autoridade de xestión do FSE+ en España lanzou unha consulta pública sobre o periodo 2021-2027 coa intención de animar a entidades e cidadáns a participar.

Tras un proceso de diálogo con representantes do sector público estatal, autonómico e local, o sector privado, o terceiro sector e as organizacións empresariais e sindicais más representativas, elaborouse un documento estratéxico de análise das aportacións recibidas. O contido deste documento identifica as prioridades en materia de emprego, educación, inclusión social e loita contra a pobreza, e constitúe o punto de partida para o deseño do futuro FSE+ en España. 

proceso de consulta pública lanzado pola autoridade de xestión do FSE+ permite a calquera interesado de formular por escrito aportacións ou observacións que considere oportunas respecto ao contido do Documento Estratéxico FSE+ 2021-2027. O prazo establecido para o envío de aportacións é entre o 27 de outubro e o luns 30 de novembro.

Manda a túa contribución a: fse2021-2027@mitramiss.es