Posts


Europe Learning Corner

Buscas material educativo sobre a Unión Europea?

Entra na web Europe Learning Corner

Materiais por grupos de idade, Materiais por temas populares (cultura, medio ambiente, agricultura, países da UE…), Test, Xogos, Liña cronolóxica da UE, Intercambios entre profesorado, Intercambios e becas, Noticias e concursos…

A educación é un dos pilares das redes #EuropeDirect

Prácticas na Comisión Europea

Prestaríache vivir unha experiencia única e enriquecedora nas institucións europeas? 🇪🇺
¡Está aberto o prazo de envío de solicitudes para as prácticas #BlueBook na European Commission a partir de outubro! Tes ata o 29/01/2021
Máis info aquí→ http://ec.europa.eu/stages/

#EUGreenWeek 2021

A Semana Verde Europea #EUGreenWeek 2021 estará adicada a #ZeroPollution

Se queres organizar un obradoiro, exposición ou evento online relacionado entre o 3/05 e o 13/06

→ Inscríbete e sé un dos socios oficiais do evento antes do 12 de marzo: https://bit.ly/2NsJqva

ESNsurvey 2021

ESNsurvey2021, é unha enquisa a nivel europeo centrada nos elementos centrais da mobilidade dos estudantes da educación formal e non formal.


Apúntaste a cubrila? http://www.esn.org/survey2021. Queremos coñecer as túas experiencia!

Quen pode completala? Erasmus+ (estudos e prácticas) que realizaran a súa mobilidade internacional nos cursos 2018/2019, 2019/2020 e primeiro semestre deste curso 2020/2021 / Outro tipo de estudantes internacionais / Participantes do Corpo Europeo de Solidariedade

Boletín de ofertas de emprego

Coñeces o boletín de ofertas de emprego na UE que elabora #UDAReperEspañaUE? Recolle as últimas vacantes e oportunidades de prácticas nas Institucións da Unión Europea
Bótalle un ollo! 🕵 https://bit.ly/3hwnf1V

Brexit: dúbidas

#BREXIT | Campaña informativa para facilitar a cidadáns e empresas a súa adaptación. Inclúe atención consular a través da #VentanillaÚnica para resolver dúbidas e axudar aos residentes 🇪🇦 en 🇬🇧 .➡ https://bit.ly/3pF8rAT

A primeira vacina contra a #COVID19 en España

A primeira vacina contra a #COVID19 en España recibiuna Araceli, unha muller de 96 años.

Mónica foi a primeira sanitaria en recibir a vacina.

Entre os días 27, 28 e 29 de decembro de 2020 empeza o proceso de vacinación de todos os europeos. Unha vacina segura e eficaz é a nosa mellor baza para derrotar ao coronavirus e volver a levar unha vida normal.

A Comisión Europea estivo traballando incansablemente para garantir a dispoñibilidade de doses de vacinas potenciais para todos. Aquí inclúese a colaboración estreita con empresas farmacéuticas e coa Axencia Europea de Medicamentos, para poder dispoñer o antes posible dunha vacina segura e eficaz. Ao igual que con calquera vacina, éstas someteranse a unha rigurosa evaluación científica antes da súa comercialización.

Tes máis información, declaracións de expertos e de cidadáns nesta web: https://bit.ly/2WRah5C