Author:


Proxecto: LUGO+BIODINÁMICO.

  • Presuposto: 3.588.552 euros 
  • Financiamento;
    1. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente 1.793.130 euros.
    2. Universidade de Santiago: 1.667.280 euros.
    3. Universidade Politécnica de Madrid: 152.384 euros.
    4. Deputación de Lugo: 526.220 euros.
    5. Concello de Lugo: 541.340 euros
  • Convocatoria: Programa Life.
  • Prazo de execución: 2016-2018.

Obxectivo: Posta en práctica dunha estratexia innovadora de planificación urbana destinada a actuacións en barrios ou áreas residenciais para conseguir tecidos urbanos adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático.

Planificación dun barrio multiecolóxico como modelo de resilencia urbana.

Proxecto: LUGO SMART, impulsando Lugo como cidade intelixente e sostible.

  • Presuposto: 4.112.801 euros 
  • Financiamento; 2.467.000,68 Fondos FEDER a través da entidade pública empresarial Red.es; 1.645.120,40 Concello de Lugo.
  • Prazo de execución: 2016-2018.

Programa: Axenda dixital para españa

Obxectivo: Integrar a cidadanía nos procesos administrativos do Concello para mellorar a eficiencia para prestar os servizos públicos locais a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC.

Accións:

  1. Plataforma de e-Administración para a mellora dos procesos internos.
  2. Plataforma de xestión intelixente de infraestructuras locais baseándose en formato GIS.
  3. Tarxeta cidadá plus.
  4. Mobilidade: xestión intelixente do aparcadoiro para 200 prazas mediante sensores sen fíos no asfalto.
  5. Xestión intelixente de recollida de residuos sólidos mediante sensores de almacenamento.
  6. Xestión de eficiencia enerxética en edificios públicos.
  7. Xestión de iluminación pública no contorno urbano e rural.
  8. Xestión de contadores de auga que permite a lectura e supervisión a través de GPRS ou 3G.
  9. Open data project. Implantación e posta en marcha dunha plataforma de goberno aberto.
  10. Plataforma Smart.

Proxecto: MURAMIÑAE da Muralla ao Miño

  • Presuposto: 12.500.000 euros 
  • Financiamento; 10.000.000 Fondos FEDER; 2.500.000 Concello de Lugo.
  • Prazo de execución: 2016-2020.
  • Convocatoria: Fondos europeos de desenvolvemento urbano sostible integrado (DUSI).

Constitúe unha estratexia que ten como obxectivo unir a cidade e o río a través da zona do Carme, eliminando a descontinuidade urbana que existe entre Porta Miñá e o río Miño, aproveitando que pola zona discorre o Camiño de Santiago, e integrar o contorno fluvial na cidade a través de 7 liñas estratéxicas:

  1. Revitalización da zona do Carme.
  2. Posta en valor do patrimonio.
    • Acondicionamento do Camiño de Santiago.
    • Estudo arqueolóxico da zona.
  3. Novas conexións a pé, en bicicleta e accesos rodados para favorecer a mobilidade.
  4. Impulso do contorno fluvial con novas actividades e dotacións.
  5. Estimular a creación de emprego, inserción laboral e apoio ao emprendemento.
  6. Potenciar o uso das novas tecnoloxías.
  7. Medidas de aforro enerxético e medioambiental