Author: Europe Direct Lugo


Os turistas

Se queres pasar as vacacións viaxando, a Unión Europea fai que sexa máis fácil, máis barato e seguro. Pode viaxar sen controis fronteirizos a través de 26 países da área de Schengen e só co seu documento de identidade nacional noutros seis países.

Read More

Programa GALEUROPA: prácticas formativas de3 meses en Italia, Açores e Reino Unido.

Asociación Erasmus Compostela  un ano máis é entidade beneficiaria do programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e polo fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do “91,89%”.

O programa ten como finalidade reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.

A través de estadías de 3 meses en Açores (6), Italia (4) ou Reino Unido (4) con 100 horas mensuais na modalidade de prácticas formativas non remuneradas en entidades dos países de destino. Apoirase ademáis a adquisición de competencias na língua de traballo do pais onde se realizan as prácticas.

Requisitos: Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que se presente a solicitude. Non ter participado en convocatorias anteriores do programa Galeuropa

Lugar e forma de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse telematicamente na web galeuropa.es no apartado Rexístrate

Prazo de presentación: ata o 6 de agosto

Contacto:
www.galeuropa.es/
info@galeuropa.es
Teléfono: 881181145