Proxecto: MURAMIÑAE da Muralla ao Miño

  • Presuposto: 12.500.000 euros 
  • Financiamento; 10.000.000 Fondos FEDER; 2.500.000 Concello de Lugo.
  • Prazo de execución: 2016-2020.
  • Convocatoria: Fondos europeos de desenvolvemento urbano sostible integrado (DUSI).

Constitúe unha estratexia que ten como obxectivo unir a cidade e o río a través da zona do Carme, eliminando a descontinuidade urbana que existe entre Porta Miñá e o río Miño, aproveitando que pola zona discorre o Camiño de Santiago, e integrar o contorno fluvial na cidade a través de 7 liñas estratéxicas:

  1. Revitalización da zona do Carme.
  2. Posta en valor do patrimonio.
    • Acondicionamento do Camiño de Santiago.
    • Estudo arqueolóxico da zona.
  3. Novas conexións a pé, en bicicleta e accesos rodados para favorecer a mobilidade.
  4. Impulso do contorno fluvial con novas actividades e dotacións.
  5. Estimular a creación de emprego, inserción laboral e apoio ao emprendemento.
  6. Potenciar o uso das novas tecnoloxías.
  7. Medidas de aforro enerxético e medioambiental